Foto: Tino Vila. |
A ábsida románica da igrexa de Santa María de Proendos está cuberta de pinturas murais polícromas ao fresco, en técnica mixta, datadas a mediados do século XVI, tanto polo tipo de pigmentos como polo estilo e por contarmos con pinturas tamén na sancristía.
As pinturas foron descubertas nos anos 70 do século XX polo cura da parroquia, Manuel Montes, estando cubertas por unha espesa capa de suciedade.
No ano 2002 levouse a cabo unha intervención nos murais consistente en limpar a pintura de elementos alleos e retirouse o altar maior do século XVII que tapaba a ventá e as pinturas da parte central.
En ausencia de documentación escrita, as pinturas dátanse no século XVI polo tipo de pigmentos e o seu estilo renacentista, así como pola existencia de restos destas na sancristía, engadida á igrexa despois do Concilio de Trento (1545 - 1563). O descoñecido mestre de Proendos tratou nestas pinturas de conseguir a perspectiva lineal, como se aprecia no tema da Anunciación, buscou a representación de arquitecturas clásicas, mesmo representando o portal de Belén coma se fose unha casa de pedra en sillares, con columnas e escaleiras, e pintou elementos tipicamente renacentistas coma os anxelotes e a xerra con flores da Anunciación.
As pinturas conforman un ciclo en torno ao nacemento e infancia de Xesús.
Foto: Tino Vila. |
A Anunciación é a escena principal, situada na parte central, co Arcanxo San Gabriel á esquerda e a Virxe María recibindo ao Espíritu Santo á dereita, situados ambos nun espazo arquitectónico construído en perspectiva. Preside a escea, na parte alta do mural, un Deus Pai bendicente co orbe celeste nunha man, xurdindo dun fondo de nubes. Baixo a escena, un friso con paxaros estilizados e anxelotes sostendo un emblema co símbolo das chagas de Cristo.
EN CONSTRUCIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario